O Instituto Galego da Vivenda e Solo adxudica a Arines Obras e Proxectos, S.L., os traballos de explanación das parcelas I.18-I.25 do Parque Empresarial de Taboada (Lugo).
Recentemente realizouse unha visita aos terrenos de referencia nos que se constatou que as parcelas I.18 – I.25 presentan un desnivel considerable respecto ao viario áo que dan acceso.
As parcelas nas que se emprazan as obras son de natureza urbana e a súa referencia catastral son: 0811344PH0301S, 0811345PH0301S, 0811346PH0301S, 0811347PH0301S, 0811348PH0301S, 0811349PH0301S, 0811350PH0301S, 0811351PH0301S.
Os traballos a executar emprázanse no lugar de O Sixto, Concello de Taboada - Lugo, nas parcelas I.18 – I.25 que forman parte do Parque Empresarial de Taboada - Lugo, e teñen unha superficie total de 9.276,82 m2, e son titulariedade do IGVS. Para a elaboración da presente memoria realizouse un levantamento topográfico do estado actual das parcelas.
Os traballos contemplados na presente memoria valorada son os seguintes: